FERVENZA DA COVA DA FONTE

Fervenzas
157
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Santalla (San Xosé)

Samos - Lugo

Coordenadas:
42º 39' 28.5" N - 7º 15' 25.3" W

Descrición

O val de Lóuzara, no concello de Samos, está considerado como unha extensión da serra do Courel dende o punto de vista xeolóxico e biolóxico. Unha das características que comparten é a presenza de solos calizos, o que facilita a formación de numerosas cavidades subterráneas.

No lugar de Santalla (Samos) está A Cova da Fonte. Como o seu nome indica, no seu interior brota un pequeno regato que despois precipita en forma de fervenza. A cavidade ten dous metros de alto e 60 metros de longo. No seu interior abundan formacións calizas, como coladas de lava, estalactitas e estalagmitas.

Camiños de Santiago

Camiño Francés
Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba
Axúdanos a mellorar!