CORGA DAS ROZADAS OU FERVENZA DO RÍO DA MONTAÑA

Fervenzas
195

Localización

Parroquia: Venceáns (San Tomé)

Lugar: Queguas

Entrimo - Ourense

Coordenadas:
41º 58' 53.7" N - 8º 06' 07.5" W

Descrición

O río Montaña nace en Portugal co nome de Corga do Azebedo e, despois dun longo percorrido, desemboca no río Pacín (afluente do río Limia).

Para chegar a ver esta fervenza imos ata Entrimo e, dende alí, collemos a estrada que nos leva ata o lugar de Queguas. Deixamos o coche antes de entrar na aldea e continuamos polo camiño que leva ao río.

Uns metros máis adiante chegamos a unha bifurcación onde, se xiramos á dereita iremos ao Pozo da Ola e, se xiramos á esquerda remontaremos o río da Montaña.

O río forma multitude de fervenzas e rápidos ao longo do seu percorrido que, nalgúns casos, dan lugar a pequenas piscinas naturais que farán as delicias das persoas que as visitan nos días de calor.

Porén, as fervenzas máis importantes están río arriba, na Corga das Rozadas (afluente do río da Montaña) e no seu afluente, a Corga do Fragón.
Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba