FERVENZA DO RÍO SARDÍN

Fervenzas
140

Localización

Parroquia: Abelenda (Santa Mariña)

Lugar: Casar do Nabo

Avión - Ourense

Coordenadas:
42º 21' 28.4" N - 8º 17' 53.1" W

Descrición

O río Sardín é un afluente do río Avia que, na parroquia de Santa Mariña de Abelenda (Concello de Avión), forma sucesivas fervenzas de ata 25 metros de altura nos regatos que baixan da serra do Suído.

Para chegar ao punto desde o que podemos observalas, dirixirémonos ata o lugar de Casar do Nabo e colleremos un camiño que sube á dereita da ponte sobre o río Avia. Cando comeza a gañar altitude hai que virar á esquerda e seguir un camiño entre matogueira baixa cara a un pequeno canón entre xistos chamado Campo de Oroso.
Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba