CASA EN LOUSADA

Civil
205

Localización

Parroquia: Verís (Santa María)

Lugar: Lousada de Abaixo

15313  Irixoa - A Coruña

Coordenadas:
43º 16' 01.3" N - 8º 01' 28.0" W

Descrición

Casa de arquitectura popular. Edificación de planta rectangular a dúas alturas .Fábrica de cachotería sen revocar. Cuberta de lousa a tres augas. Disposición irregular dos ocos, con tres portas na planta baixa.
Destaca o alpendre apegado a un testeiro, de planta rectangular, alongada sobre o mesmo eixo da edificación principal. O volume corresponde, aproximadamente co da edificación principal un pouco menor que ela. Alzado simétrico con peche de cachotería de  sección cadrada e con cornixa a xeito de capitel a cada lado, soportado pola cuberta.
Murete de cachotería pechando a eira de acceso.
Reloxo de sol na fachada da vivenda.
Arriba
Axúdanos a mellorar!