Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: CAPELA DAS ANGUSTIAS&body=Recoméndoche que leas a información CAPELA DAS ANGUSTIAS extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/23036/capela-das-angustias?ctre=31%26langId=gl_ES%26tp=8
Parroquia: Olveira (Santa María)
Lugar: Bretal
15969 Ribeira - A Coruña
A capela eríxese sobre un zócalo construído para salvar o desnivel natural do terreo. É de planta rectangular dunha única nave coa sancristía, tamén de planta rectangular, pegada no lateral norte. Cóbrese cunha bóveda de canón apoiada en dous arcos faixóns de medio punto que descansan sobre pilastras pegadas aos muros. Ao exterior a cuberta é a dúas augas. Aos pés da nave hai unha tribuna de madeira á que se accede por unha escaleira en "L". Os muros son de cantería de granito e están encalados e pintados en branco. Os perpiaños de cantería utilizáronse nos esquinais e os marqueados dos vans.
A fachada é sinxela e simétrica. Nela ábrese unha porta rectangular sen decoración, a continuación, unha fornela rematada en arco de medio punto que contén a imaxe da santa, e sobre esta ábrese unha ventá rectangular. O conxunto coróase cunha pequena espadana dun só oco coa campá.
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.