CAPELA DAS ANGUSTIAS

Relixioso
108
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Olveira (Santa María)

Lugar: Bretal

15969  Ribeira - A Coruña

Coordenadas:
42º 35' 35.0" N - 9º 01' 27.9" W

Descrición

A capela eríxese sobre un zócalo construído para salvar o desnivel natural do terreo. É de planta rectangular dunha única nave coa sancristía, tamén de planta rectangular, pegada no lateral norte. Cóbrese cunha bóveda de canón apoiada en dous arcos faixóns de medio punto que descansan sobre pilastras pegadas aos muros. Ao exterior a cuberta é a dúas augas. Aos pés da nave hai unha tribuna de madeira á que se accede por unha escaleira en "L". Os muros son de cantería de granito e están encalados e pintados en branco. Os perpiaños de cantería utilizáronse nos esquinais e os marqueados dos vans.

A fachada é sinxela e simétrica. Nela ábrese unha porta rectangular sen decoración, a continuación, unha fornela rematada en arco de medio punto que contén a imaxe da santa, e sobre esta ábrese unha ventá rectangular. O conxunto coróase cunha pequena espadana dun só oco coa campá.

Acceso

Dende Ribeira, tomaremos a estrada xeral C-550 en dirección a Porto do Son e Noia. A uns 5 km chegamos ao cruzamento de Oleiros. Tomaremos a pista da esquerda que indica Corrubedo. A uns 2 km chegaremos ao lugar de Bretal. Para chegar á capela, tomaremos a pista á esquerda do Restaurante O Dolmen.

Camiños de Santiago

Ruta do Mar de Arousa e Ulla
Arriba