IGREXA DE SANTA MARÍA DE ASTARIZ

Relixioso
1608

Localización

Parroquia: Astariz (Santa María)

Lugar: Astariz

32430  Castrelo de Miño - Ourense

Coordenadas:
42º 19' 24.9" N - 8º 02' 15.0" W

Descrición

Datada no século XVIII, a igrexa de Santa María ten unha forma complexa pola xustaposición de corpos (sancristía e ábsida); con todo, a planta é sensiblemente rectangular, co presbiterio máis elevado. Conta con grandes pilastras nos ángulos, con capiteis arquitrabados con decoración de taboleiros e cimacio que continúa nas cornixas. 

A igrexa forma parte do núcleo de Astariz. O recinto atópase á beira da estrada principal, acolle tamén o cemiterio e está pechado por varias edificacións, entre elas a casa reitoral e un muro perimetral de pedra.

No interior consérvanse en moi bo estado uns valiosos retablos realizados en 1748 polo escultor Salvador Carmona e doados polo conde de Troncoso, verdadeiro mecenas da comarca. Merecen especial atención o relevo das ánimas e a imaxe de San Xudas Tadeo.
Arriba