ENTROIDO DE FOZ

Festas de interese turístico
782
Datas de celebración: 27/01 - 16/02

Localización

Foz - Lugo

Coordenadas:
43º 34' 05.8" N - 7º 15' 34.0" W

Descrición

O Entroido de Foz é sinónimo de arraigo, sentimento, emoción, humor, transgresión, participación, imaxinación, calidade, vistosidade, festa multicolor…
Entroido de xuventude e veteranía, de peñas, de turutas e comparsas, de multitudinaria participación, que se comeza a desfrutar coa Cea de Coroación da Raíña/Rei de Entroido (dúas semanas antes das datas de Entroido) chegando á máxima expresión co espectacular desfile de máis de tres horas de duración o sábado de Entroido. 
Pero non remata aquí, non. Ademais do impresionante e grandioso desfile: As Comadres, o Pregón, as Coplas, os bailes, o luns de Entroido e o Baile do Farolillo, o Touporroutou, a queima do Entroido son algunhas das actividades destas Festas.

Outras características

Entroido
Festas Festas de interese turístico Festas de Galicia de interese turístico
Arriba