BIKING VIGO

Empresas de actividades deportivas
249

Descrición

BIKING VIGO somos un equipo de namorados de Vigo e da súa contorna, cunha clara vocación de prestar un excelente servizo aos turistas.
Vigo e os seus arredores é un lugar privilexiado e para o equipo é un pracer compartilo contigo. Poñemos á túa disposición Bicicletas Eléctricas de gran calidade para que descubras este pequeno paraíso do xeito que máis che conveña.

Contamos con diferentes rutas, tanto polo centro da cidade como por lugares típicos, así como outras nas que ofrecemos unha visión máis ampla da cidade, incluída a súa área metropolitana. Tamén contamos con rutas pola costa, onde se pode gozar da beleza das súas praias e das súas magníficas paisaxes.

A través das investigacións previas que levamos a cabo e dos testemuños recollidos, empápate da inmensa cultura mariñeira e artística, así como da interesante historia dunha cidade vibrante.

Descubre, sinte e goza de Vigo nunha bicicleta eléctrica.
Arriba
Axúdanos a mellorar!