IGREXA DE SANTA MARÍA DE PONTELLAS

Relixioso
518
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Pontellas (Santa María)

Lugar: O Castro de San Fiz

15319  Betanzos - A Coruña

Coordenadas:
43º 17' 56.0" N - 8º 13' 41.9" W

Descrición

Igrexa de estilo románico do século XIII. Presenta unha planta rectangular onde se desenvolve unha soa nave. No interior o espazo entre o presbiterio e a nave está delimitado por un arco triunfal apuntado e de sección rectangular, que descansa sobre dúas columnas de avultadas baseas, fuste de pouco grosor e estilizados capiteis de collarino sogeado. No exterior a fachada principal concentra toda a decoración, organizándose segundo un imaxinario eixe vertical no que se inscribe a porta principal e un pequeno oco cuadrangular. A cornixa interrómpese no medio para servir de base a unha sinxela espadaña. A cuberta a dúas augas con cubrición de tella curva.

Acceso

Dende Betanzos, tomar a N-651 cara A Coruña. Enlazar coa AC-161 e aun metros a esquerda atópase a indicación da igrexa.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Arriba
Axúdanos a mellorar!