IGREXA DE SANTIAGO DE REQUIÁN

Relixioso
1223
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Requián (Santiago)

Lugar: Requián

15319  Betanzos - A Coruña

Coordenadas:
43º 15' 29.9" N - 8º 14' 06.0" W

Descrición

Igrexa de estilo barroco. Presenta unha planta rectangular onde se desenvolve unha soa nave. No interior o espazo intermedio entre o presbiterio e a nave está delimitado por un arco triunfal. Aos pés da nave atópase unha tribuna. No exterior a fachada principal concentra toda a decoración. Sobresae a espadaña dobre rematada por unha cruz e flanqueada por dous pináculos con bóla.

Acceso

Dende Betanzos, tomar a estrada AC-542 en dirección Infesta, Montellos,o pasar a rotonda de Infesta tomar a CP-0105 dirección Vilacoba, atópase máis adiante un indicador da igrexa.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Arriba
Axúdanos a mellorar!