IGREXA DE SAN CLEMENTE DO PINDO

Relixioso
142

Localización

Parroquia: O Pindo (San Clemente)

Lugar: O Pindo 42

15296  Carnota - A Coruña

Coordenadas:
42º 53' 26.4" N - 9º 08' 08.7" W

Descrición

A primixenia Capela de San Clemente do Pindo construíuse no século XVIII. Foi no ano 1771 cando Clemente Riveiro Fernández fundou esta pequena capela en honor a San Clemente, que posteriormente sería ampliada, en 1906, para converterse en igrexa parroquial. Esta capela ten planta rectangular dunha soa nave, con cuberta abovedada (aínda conserva policromía na bóveda que está sobre a ábsida). Os muros son de cantaría e orixinariamente estivo cuberta a dúas augas por tellado de tella. Destaca o seu altar, labrado en pedra polo escultor de Santiago de Compostela Antonio del Río no ano 1795 e deseñado polo arquitecto compostelán José Cachafeiro. O dito altar aínda conserva restos de policromía e alberga unha crucifixión, que se ergue sobre un sagrario moi decorado, e dúas tallas santos. 
Á dereita desta construción realizouse a ampliación a inicios do século XX, deixando ambos os espazos comunicados por unha pequena porta con lintel. Todo isto provocou que a igrexa perdese a súa orientación orixinal. Os muros desta construción foron realizados en pedra e interiormente está cuberta cun artesoado de madeira a dúas augas. 
Arriba