CASTRO E PETRÓGLIFO DA CIVIDADE

Depósitos arqueolóxicos
108

Localización

Parroquia: Caxide (Santa Cristina)

Lugar: Castro

32740  Parada de Sil - Ourense

Coordenadas:
42º 23' 33.0" N - 7º 35' 17.9" W

Descrición

Trátase dun poboado fortificado delimitado por unha potente muralla perimetral de pedra irregular colocada a seco, de entre 2 e 2’5m de alto e ata 4m de anchura, que completa as defensas naturais que ofrece a forte pendente cara río Sil polo norte e oeste. Polo sur e o leste, sendo os lados máis vulnerables, carece de foxo defensivo. Nas escavacións levadas a cabo en 2014 non se atoparon restos de construción no seu interior, pero si cerámicas datadas entre os ano 1.000 e o 400 a.C., encadrándose no Bronce Final, o que sitúa o castro nas orixes da cultura castrexa. Ofrece un amplo dominio sobre o canón do Sil, sobre o Mosteiro de Santa Cristina e controla o único paso natural do río dende Lemos, cara a aldea de Portela.
Na explanada leste exterior do recinto localizouse una pequeno afloramento rochoso con gravados rupestres en forma de coviñas ou cazoletas en certa aliñación, algunha delas unidas por un pequeno suco.
Arriba
Axúdanos a mellorar!