IGREXA DE SAN MARTIÑO DE MIÑORTOS

Relixioso
176

Localización

Parroquia: Miñortos (San Martiño)

Lugar: A Amoreira

15970  Porto do Son - A Coruña

Coordenadas:
42º 45' 54.0" N - 8º 55' 45.9" W

Descrición

Esta igrexa é claramente identificable debido ao engadido na súa fachada dunha torre-campanario de proporcións robustas e pouco estilizadas. A entrada ao templo faise a través do corpo de apoio da torre, formado por dous fortes piares que se unen entre si e á fachada por medio de arcos de medio punto, conformando unha especie de pórtico aberto. A planta do templo é de cruz grega. As naves cóbrense con bóvedas de canón apoiadas nos muros que alternan tramos de cachotaría e de cadeirado de granito. O cruceiro cóbrese cunha cúpula semiesférica. A naves, ao exterior, teñen cubertas de tella a dúas augas e a cúpula transfórmase nun corpo prismático cuberto a catro augas.
Arriba