CAPELA DA MADALENA

Relixioso
1216

Localización

Parroquia: Ribasieira (San Fins)

Lugar: Xufres

15970  Porto do Son - A Coruña

Coordenadas:
42º 40' 04.0" N - 8º 59' 11.9" W

Descrición

Esta pequena construción do s. XVIII é de formas compactas, definidas os seus muros de cadeirado de granito e a cuberta de madeira a dúas augas de tella. A súa planta é rectangular dunha única nave que se divide en dous tramos por un arco de medio punto. Este funciona como elemento separador do presbiterio con respecto ao resto da igrexa. A sancristía engádese ao lateral norte do presbiterio, sendo o único volume que destaca cara ao exterior. O coro está situado aos pés. O seu exterior é de gran sobriedade. Na fachada principal ábrese unha sinxela porta alintelada e, sobre esta, unha ventá de reducidas dimensións. A cornixa, lixeiramente voada, adórnase nos extremos con pináculos rematados en bólas. No vértice, e sobre unha plataforma, érguese unha espadaña dun só arco.
Arriba
Axúdanos a mellorar!