CAPELA DA VIRXE DO CARME

Relixioso
1158

Localización

Parroquia: As Pontes de García Rodríguez (Santa María)

Lugar: As Pontes de García Rodríguez

Praza do Carmen

15320  As Pontes de García Rodríguez - A Coruña

Coordenadas:
43º 27' 07.9" N - 7º 51' 09.0" W

Descrición

Capela secularmente famosa pola firme devoción profesada á Virxe do Carmen, sendo Sta. María Magdalena a súa antiga titular ata a fundación da confraría do Carmen no s. XVIII. Foi construída en 1738 no lugar que antigamente ocupaba unha primitiva ermida, sufrindo varias modificacións no XIX: duplícase a planta e dáselle maior altura, o que permite a construción do coro e a sancristía, abrindo un oco máis á espadana. Fabricada en cachotería e rebocada de branco, con cuberta de lousa a dúas augas. De xeometría sobria, a súa fachada principal presenta unha porta alintelada, un pequeno óculo circular e unha espadana de dobre oco que remata en pináculos con bóla. Interior: retablo de imitación barroca simple coas imaxes de Santa María Magdalena e a Virxe do Carmen, doada en 1872 por varios devotos, aparte de obxectos de grande valor artístico que foron progresivamente doados dende a fundación da antiga confraría. Peto de esmolas da Santa pegado ao muro lateral esquerdo e Virxe de pedra e cruceiro en fronte do templo.

Acceso

Está no centro urbano.
Arriba
Axúdanos a mellorar!