CAPELA DE SAN ROQUE DE FRAGACHÁ

Relixioso
989

Localización

Parroquia: San Pedro de Eume (San Pedro)

Lugar: Fragachá

15610  As Pontes de García Rodríguez - A Coruña

Coordenadas:
43º 23' 54.0" N - 7º 58' 14.9" W

Descrición

Capela de planta rectangular, fabricada en cachotería luosenta e granítica e cuberta a tres augas. Muros rebocados de branco con zócolo vermello, exceptuando reforzos de vans e esquinais. Fachada principal con pequena porta rectangular, precedida por un pórtico con cuberta a tres augas e apoiado sobre columnas de granito de sección cadrada, e con esvelta espadana á que se accede por escaleiras exteriores, que polo seu gran tamaño é desproporcional ao resto da edificación. Sobre a porta principal lese unha inscrición que fai referencia ao seu antigo propietario: "Reformada por José del Mazcoto". Interior: coro alto aos pés e retablo neoclásico ben conservado, con varios talles de interese de entre as que destaca a Virxe de Guadalupe.

Acceso

Partimos do núcleo de As Pontes en dirección de Ferrol pola C-641. Ao chegar á glorieta de Saa, apartamos á esquerda pola AC-142 en dirección a Pontedeume. Ao chegar a Goente, no empalme dos cruzamentos, desviámonos á esquerda en dirección ao Encoro do Eume pola CP-1802. Aos 6,7 Km., en Rego dos Bácaros, collemos á dereita unha estrada que sinaliza cara a Lamela. Aos 900 metros, xa nos atopamos coa capela de Fragachá a man esquerda.
Arriba
Axúdanos a mellorar!