CAPELA DE SAN ROQUE DO VAL

Relixioso
896

Localización

Parroquia: Goente (San Martiño)

Lugar: Goente

15325  As Pontes de García Rodríguez - A Coruña

Coordenadas:
43º 26' 39.9" N - 7º 57' 48.9" W

Descrición

Capela que foi trasladada en 1982 do seu lugar orixinal na parroquial de Seoane, debido á explotación mineira de lignito de Endesa, sendo reconstruída no lugar actual, xusto en fronte do cemiterio parroquial de Goente. De planta rectangular de única nave e un presbiterio, os seus muros son de bloque pintados de branco e combinados cos mellores perpiaños graníticos da vella capela, que aparecen á vista nos reforzos de esquinais e vans. Cuberta de lousa a dúas augas. Fachada principal con porta rectangular da que destaca o lintel superior con varios motivos e debuxos circulares, con óculo central e espadana superior. Interior: arco triunfal de medio punto, retablo barroco con talles de San Roque e Santo Antonio de Padua do XVIII, e pavimento de lastras. Interesante cruceiro con dous petos de esmolas nas proximidades.

Acceso

Pártese de As Pontes en dirección a Ferrol pola C-641. Aos 4 km., na glorieta de Saa, desviámonos cara á esquerda en dirección a Pontedeume pola AC-142. Aos 5 km. xa se ve a capela, á que chegaremos collendo unha pista empedrada á dereita.
Arriba
Axúdanos a mellorar!