IGREXA PARROQUIAL DE SANTA MARÍA

Relixioso
1380

Localización

Parroquia: As Pontes de García Rodríguez (Santa María)

Lugar: As Pontes de García Rodríguez

Praza Real

15320  As Pontes de García Rodríguez - A Coruña

Coordenadas:
43º 26' 44.9" N - 7º 51' 06.0" W

Descrición

Igrexa datada entre os s. XVI e finais do XVIII, cunha posterior ampliación antiestética da parte frontal en 1965. De planta rectangular con tres naves, con sancristía engadida en lateral sur. Muros rebocados de branco e gris e cuberta luosenta. Fachada con porta central alintelada, con ventás rectangulares e circulares e enmarcada baixo frontón partido pola imaxe da patroa da igrexa. Destaca a torre campanario de estilo barroco e renacentista construída en 1759, de dous corpos e remate en cúpula, con reloxo de sol. Interior: bóvedas de estilo gótico tardío en nave, retablo maior barroco con influencias churriguerescas, presidido pola Virxe da Asunción, antiga patroa da igrexa que foi substituída pola Virxe do Carmen, de maior devoción en As Pontes, e catro retablos laterais, dous neoclásicos e dous góticos, con variadas talles de grande valor. Detrás do templo ábrese unha pequena praza, antiga localización do vello cemiterio da vila.

Acceso

Está no núcleo urbano.
Arriba