IGREXA PARROQUIAL DE SAN PEDRO DE EUME

Relixioso
1164

Localización

Parroquia: San Pedro de Eume (San Pedro)

Lugar: A Bouza

15610  As Pontes de García Rodríguez - A Coruña

Coordenadas:
43º 24' 10.0" N - 7º 59' 53.9" W

Descrición

Igrexa fabricada en cachotería luosenta, cos reforzos graníticos de vans e esquinais, e cuberta de lousa a dúas augas. De planta rectangular, con engadidos nos seus muros meridional e setentrional. Fachada principal articulada en tres corpos, con maior protagonismo do central, no que se abre unha porta alintelada, un oco semicircular e unha espadana de dobre van que remata nun pequeno corpo ornamental flanqueado por pináculos. Destaca tamén o sinxelo pórtico situado na fachada e que continúa polo muro meridional ata unha segunda porta de acceso á nave. Interior: arco triunfal de medio punto, coro alto aos pés, e retablo maior e laterais de estilo neoclásico de grande valor artístico, con diversos talles.

Acceso

Partimos do núcleo de As Pontes en dirección de Ferrol pola C-641. Ao chegar á glorieta de Saa, apartamos á esquerda pola AC-142 en dirección a Pontedeume e, unha vez transcorridos 7 ´ 2 km., torcemos á esquerda no empalme de Goente cara ao encoro do Eume (CP-1802). Aos 3,3 km. desviámonos á dereita cara á igrexa do Eume. Transcorridos dous quilómetros e medio, chegamos a un cruzamento onde habemos de apartar a dereita. Aos 800 metros xa nos atopamos coa igrexa.
Arriba