IGREXA PARROQUIAL DE SANTA MARÍA DE ESPASANDE

Relixioso
245

Localización

Parroquia: Espasande de Baixo (Santa María)

Lugar: A Cruz

27744  Riotorto - Lugo

Coordenadas:
43º 19' 08.0" N - 7º 16' 17.9" W

Descrición

Está formada por unha soa nave de planta rectangular, cun presbiterio cadrado, que na súa parte posterior ten pegada a sancristía de planta rectangular, con dúas portas que a comunican co presbiterio. Os muros son de cachotaría e cadeirado de granito, e a cuberta de tella a dúas augas. A nave sepárase do presbiterio por medio dun arco triunfal de medio punto. O frontis está rematado cunha sinxela espadana de dous corpos e tres vans.
Arriba
Axúdanos a mellorar!