IGREXA PARROQUIAL DE SANTA COMBA DA ÓRREA

Relixioso
1103

Localización

Parroquia: A Órrea (Santa Comba)

Lugar: A Eirexa

27744  Riotorto - Lugo

Coordenadas:
43º 16' 07.9" N - 7º 14' 53.9" W

Descrición

Esta igrexa foi restaurada a mediados do século XIX. Ten unha nave de planta rectangular, coa capela maior cadrada. Ao lado esquerdo está pegada a sancristía, de planta rectangular. Os muros que a conforman son de cachotaría e cadeirado de granito e a cuberta a dous e catro augas a base de laxes de lousa. O pavimento é tamén a base de lousas de granito e lousa. Separa a capela maior da nave un arco triunfal de medio punto de corte clásico. A portada, alintelada ten un cabido de planta cadrada a dúas augas. Nun dos laterais do frontis hai unha sinxela espadana de dous vans, cunhas escaleiras laterais polo exterior para acceder a elas. No interior consérvanse varios retablos. O da capela maior é de estilo Rococó, mentres que os das dúas capelas laterais son de estilo Barroco. Na sancristía consérvase un retablo de pequeno tamaño.
Arriba