IGREXA PARROQUIAL DE SANTA MARÍA DE GALEGOS

Relixioso
165

Localización

Parroquia: Galegos (Santa María)

Lugar: Galegos

27744  Riotorto - Lugo

Coordenadas:
43º 15' 43.9" N - 7º 12' 36.0" W

Descrición

Esta igrexa foi construída no ano 1903. Os muros que a conforman son de cachotaría de lousa e xisto, ao igual que o tellado, que é de lousa a dúas augas. O pavimento da nave é tamén a base de lousas de xisto e lousa. Boa parte dos materiais empregados na súa construción procedían da antiga capela de San Victorio, existente no soar que hoxe ocupa a igrexa. A nave é rectangular, e o presbiterio cadrado, máis elevado, que a nave, coa sancristía pegada á parte posterior do presbiterio. O retablo esquerdo está definido por un arco peraltado de medio punto procedente da mencionada capela.
Arriba