Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: CASA DE MAGDALENA TENREIRO&body=Recoméndoche que leas a información CASA DE MAGDALENA TENREIRO extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/23364/casa-de-magdalena-tenreiro?langId=gl_ES
Parroquia: Nogueirosa (San Cosme)
Lugar: Esteiro
15619 Pontedeume - A Coruña
Propiedade privada.
Edificio do segundo terzo do século XIX (1869-1876), con certo aire romántico. Presenta unha planta cadrada disposta en tres alturas máis baixocuberta. O interior esta condicionado polo núcleo da escaleira, elemento articulador da vivenda, que se traduce ao exterior nunha torre-miradoiro.
As súas fachadas están compostas de modo clásico. No piso baixo atópanse a porta de entrada e ventás de pequeno tamaño. No primeiro piso as ventás divídense verticalmente e péchanse cun pequeno balcón de ferro, mentres que un balcón sobresae por enriba da entrada apoiado sobre tres canzorros. No último piso unha galería percorre toda a fachada, combinando cristal e madeira pintada de verde. A fachada posterior caracterízase por unha sucesión de vans colocados simetricamente.
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.
Configuración de cookies
Pode empregar estes botóns para personalizar os servizos que desexa utilizar neste portal.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.