ALMACÉNS DE RAJOY

Civil
780
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Pontedeume (Santiago)

Lugar: Pontedeume

15600  Pontedeume - A Coruña

Coordenadas:
43º 24' 29.9" N - 8º 10' 21.2" W

Descrición

O arcebispo Bartolomé Rajoy e Losada, nado en Pontedeume, non só patrocinou obra relixiosa; no ano 1763 encarga aos irmáns Ricoy as chamadas lonxas ou almacéns do porto. Orixinariamente foron empregadas para a salgadura e despois para gardar os aparellos de pesca. 
Por unha escritura de 1769 sábese que o arrendo deste edificio estaba destinado ao mantemento das dúas escolas que se estaban construíndo naquel momento na vila e ao pagos dos mestres. Dende o punto de vista arquitectónico, presenta planta rectangular de cinco módulos divididos en catro estancias. Destaca a súa horizontalidade e os materiais empregados foron a cachotería e a tella curva na cubrición, a dúas augas. Na actualidade está destinado a diferentes usos.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Arriba
Axúdanos a mellorar!