EDIFICIO DOS XUZGADOS DE PONTEDEUME

Civil
659
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Pontedeume (Santiago)

Lugar: Pontedeume

15600  Pontedeume - A Coruña

Coordenadas:
43º 24' 29.1" N - 8º 10' 18.9" W

Descrición

Construído entre 1853 e 1856 polo arquitecto Faustino Dominguez, quen proxectou novos modelos para renovar os cárceres dos partidos xudiciais da provincia de A Coruña. 
Como correspondía a unha vila que era cabeza de partido xudicial, Pontedeume contaba cun cárcere. Despois de ter sido situado no Torreón e mesmo un intento no antigo convento dos Agostiños, tomouse a decisión de construír un edificio propio no peirao, xunto ao Torreón. 
Ten planta rectangular e organízase arredor dun patio central, un dos seus lados ten un arco para deixar expedito acceso á capela. O resto do edificio está dividido en estancias, que noutrora foron calabozos. 
Na actualidade, cumpre as funcións de Xulgado de Paz e dependencias do Concello. 

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Arriba
Axúdanos a mellorar!