EDIFICIO DO MERCADO

Civil
671
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Pontedeume (Santiago)

Lugar: Pontedeume

Praza dos Condes s/n

15600  Pontedeume - A Coruña

Coordenadas:
43º 24' 25.3" N - 8º 10' 18.9" W

Descrición

A desaparición do antigo pazo dos Andrade, deixa libre un gran espazo público dispoñible. Xa dende os anos vinte estaba na mente dos rexedores de Pontedeume a idea de construír un mercado municipal, precisamente en devandito espazo na que xa se viñan celebrando feiras de gando vacún e porcino os domingos. En 1935, o proxecto de urbanización da praza xa contemplaba a construción deste mercado, pero a  Guerra Civil fixo que se pospuxese até 1951. As obras adxudicáronse ao arquitecto Antonio Tenreiro en 1952, ano no que comezaron as obras. Non se sabe a data de remate pero sí que en 1960, xa estaba ordenado en dezanove postos. A parte sur foi ampliada en 1984. 
O edificio do mercado destaca pola súa estrutura aberta e porticada, a modo de soportal que relaciona o interior co seu entorno. Na entrada norte sobresae un grande arco circular, de remate mixtilíneo, que o relaciona coa arquitectura neocolonial. 

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Arriba
Axúdanos a mellorar!