IGREXA DE SAN COSME DE NOGUEIROSA

Relixioso
1285
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Nogueirosa (San Cosme)

Lugar: San Cosme

15609  Pontedeume - A Coruña

Coordenadas:
43º 24' 28.6" N - 8º 09' 20.2" W

Descrición

Igrexa de estilo barroco, realizada no século XVIII. Presenta unha planta rectangular onde se desenvolve unha soa nave. O espazo entre o presbiterio e a nave áchase separado por un arco triunfal de medio punto. Os elementos decorativos son moi escasos. Exteriormente, a fachada principal concentra toda a decoración, superpoñéndose unha porta rectangular e un pequeno oco.

Sobresae unha espadaña dobre rematada en pináculos con bóla. Os seus muros son de carga. A cuberta a dúas augas con cubrición de tella curva.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Arriba
Axúdanos a mellorar!