IGREXA DE SAN PEDRO DE VILAR

Relixioso
1378
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Vilar (San Pedro)

Lugar: A Igrexa

Rúa Camiño Vello s/n

15614  Pontedeume - A Coruña

Coordenadas:
43º 23' 48.9" N - 8º 09' 56.9" W

Descrición

Igrexa de estilo barroco realizada no século XVIII. Presenta unha planta de cruz latina onde se inscriben unha nave, un presbiterio e dúas pequenas capelas laterais. No interior os espazos do presbiterio e as capelas laterais están delimitados por arcos de ingreso. Aos pés da nave sitúase un coro alto.

No exterior a ornamentación concéntrase na fachada principal, no eixe vertical central da cal superpón diferentes elementos: a porta rectangular con decoración en orelleiras, sobre a que se abre unha pequena fornela e un oco rectangular.

A cornixa interrómpese para dar lugar á base dunha espadaña de dous ocos rematados en arcos semicirculares, culminada por un pequeno corpo flanqueado por pináculos con bólas.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Arriba