Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: CAPELA DA ATALAIA&body=Recoméndoche que leas a información CAPELA DA ATALAIA extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/23528/capela-da-atalaia?ctre=31%26langId=gl_ES%26tp=8
Rúa da Atalaia
27700 Ribadeo - Lugo
É o edificio relixioso máis antigo conservado hoxe en Ribadeo, que data do século XII, alterado pola súa reconstrución a principios do s. XX. De planta rectangular, consta de nave, arco triunfal e presbiterio. Frontis con porta principal gótica do s. XIV, con decoración en zigzag; sobre a porta, escudo de Ribadeo e espadana dun só van. Interior: retablo barroco con talas de variada cronoloxía de entre as que destaca a imaxe titular da Santísima Trinidade, retablo dereito barroco e pila de auga bendita montada sobre columna gótica. A carón do templo ubícanse dous canóns fincados ao pé cos que se quere indicar que o mirador da Atalaya foi no seu orixe baluarte de defensa da vila. Nesta capela celebráronse ata o século XVII os "concellos abertos" da vila. Dende ela divísase o porto de Porcillán.
Sobre a porta principal pode verse un escudo en pedra de Ribadeo e unha espadana dun só van.
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.