IGREXA PARROQUIAL DE SAN CIBRAO DOS FERREIROS

Relixioso
711
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Os Ferreiros (San Cibrao)

Lugar: Os Ferreiros

27569  Monterroso - Lugo

Coordenadas:
42º 44' 03.9" N - 7º 49' 09.9" W

Descrición

Edificio de estilo románico, de pequenas dimensións, da primeira metade do século XII, aínda que desta época só conserva a ábsida; o resto é resultado de diferentes reformas ao longo do tempo. A planta é rectangular, cun presbiterio da mesma forma. Os muros que a conforman son de cachotería e cantería de lousa e granito, e a cuberta de tella a dúas augas. A ábsida é máis baixa e reducida que a nave. Conserva no exterior varios canzorros de sobria decoración, e unha ventá no testeiro con dúas arquivoltas, con columnas con capiteis moi estilizados. O arco triunfal que a separa da nave é de medio punto con tendencia á ferradura, de clara influencia prerrománica, dobrado e de aresta viva, con columnas apegadas e capiteis de varias ordes. A nave e a fronte son posteriores á ábsida, aínda que se mantén o trazado da nave románica. Conserva en cada lado unha seteira. A fronte é sinxela, con portada alintelada e cun campanil dun só van.

Acceso

Peonil e/ou en autobús e/ou en coche.

Camiños de Santiago

Camiño Francés
Arriba
Axúdanos a mellorar!