IGREXA PARROQUIAL DE SANTA MARÍA DE PEDRAZA

Relixioso
868
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Pedraza (Santa María)

Lugar: Pedraza

27569  Monterroso - Lugo

Coordenadas:
42º 49' 10.9" N - 7º 51' 55.0" W

Descrición

Edificio con restos da estrutura románica, a pesar de que foi reedificado no século XIX. Ten planta de cruz latina con nave rectangular dividida en dous tramos, brazos rectangulares de pequenas dimensións, presbiterio cadrado e sancristía apegada a este no lado esquerdo, con acceso dende o exterior e dende o presbiterio. Os muros son de cachotería e cantería de granito e a cuberta é de tella a dúas augas. Conserva ventá seteira. Na nave dispón dunha portada alintelada, ademais de varios canzorros pertencentes á obra románica. O frontis ten portada alintelada e culmínase cunha espadana de dous corpos e balaústre de pedra na parte de atrás, á que se accede dende unha escaleira exterior que se asenta sobre o muro dereito da nave. Destacan no seu interior os dous retablos laterais, de estilo neoclásico.

Camiños de Santiago

Camiño Francés
Arriba
Axúdanos a mellorar!