CAPELA DE SANTA LUCÍA

Relixioso
1619

Localización

Parroquia: Río Caldo (Santa María)

Lugar: Vilameá

32895  Lobios - Ourense

Coordenadas:
41º 52' 22.6" N - 8º 06' 00.4" W

Descrición

Capela de sinxela arquitectura, cunha soa nave e cubrición de madeira. No interior destaca a Virxe co Neno, procedente da capela do Xurés. Nesta ermida ten lugar unha popular romaxe, trasladándose a imaxe da Nosa Señora en procesión, subindo ao monte, esta suba aparece balizada por pequenas capelas, calvarios ou pasos, de estruturas cúbicas e cubertas piramidais.

Acceso

Dende a estrada que conduce a Portela do Home, OU-312, desviarse á esquerda no cruce do pobo de Vilameá ou cara a capela da Virxe do Xurés. A Ermida está a carón da estrada.
Arriba