IGREXA PARROQUIAL DE SAN PAIO DE BUSCÁS

Relixioso
317
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Buscás (San Paio)

15689  Ordes - A Coruña

Coordenadas:
43º 05' 42.0" N - 8º 22' 55.9" W

Descrición

Igrexa de orixes románicas reformada nos s. XVIII e s. XIX. Ten unha nave de planta rectangular, muros de cantería e cuberta a dúas augas. Na fachada ten unha porta enmarcada por un arco de medio punto e arquivoltas, a externa decorada con motivos xeométricos e asentada sobre dúas pequenas columnas con capitel esquematizado. Enriba hai un van rectangular. Sancristía pegada a un lateral da cabeceira. Espadana de dobre corpo con dous arcos de medio punto, coroamento triangular con arco e decorada con pináculos rematados en bóla. No seu interior ten un arco lobulado de ferradura e esculturas.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Arriba