IGREXA PARROQUIAL DE SAN MIGUEL DE COENCE

Relixioso
861
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: San Miguel de Coence (San Miguel)

Lugar: San Miguel

27207  Palas de Rei - Lugo

Coordenadas:
42º 49' 54.9" N - 7º 53' 48.9" W

Descrición

Igrexa de orixe románica que conserva case íntegra a fábrica orixinal, aínda que se lle pegou a sancristía ao presbiterio en épocas posteriores. Os muros que a conforman son de cachotaría e cadeirado de granito, e a cuberta de tella a dous e catro augas. Ten unha nave de planta rectangular con dúas portadas, unha lateral e a principal. O presbiterio é de planta cadrada, separado da nave por un arco triunfal de medio punto con dúas arquivoltas, con aresta abocelada e sobre columnas de fustes robustos e capiteis historiados con figuras humanas. Ao lateral esquerdo do presbiterio pégase a sancristía, con planta cadrada e unha seteira no lateral, ao igual que a que se conserva no presbiterio. A nave conserva íntegra a fábrica románica. A portada principal ten un arco de medio punto de dúas arquivoltas de baquetón e escocias, con xadrezado e dentes de serra. O tímpano está decorado cun motivo cruciforme inscrito nun círculo, cruz grega e aspada con brazos rematados en T.

Camiños de Santiago

Camiño Francés
Camiño Primitivo
Arriba
Axúdanos a mellorar!