Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: SANTA MARÍA DE BURELA DA VILA DO MEDIO&body=Recoméndoche que leas a información SANTA MARÍA DE BURELA DA VILA DO MEDIO extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/240410000187/santa-maria-de-burela-da-vila-do-medio?langId=gl_ES%26tp=8%26ctre=31
Parroquia: Burela (Santa María)
Rúa da Capela 88
27880 Burela - Lugo
Igrexa situada no barrio da Vila do Medio de Burela. Destacan as súas pinturas de finais do século XV-principios do XVI, de autor descoñecido e factura arcaico medieval, encadradas dentro do estilo gótico tardío. Representan escenas da Paixón de Xesucristo e actualmente consérvanse en bo estado dúas delas: “A flaxelación” e “A sepultura de Xesús”.
No ano 1962 esta igrexa deixou de ter culto e foi abandonada. No ano 1973 as súas pinturas foron descubertas debaixo de capas de cal e deu comezo a súa restauración. Tamén é de resaltar a reprodución idéntica da Virxe do Pilar doada pola Catedral Basílica da Nosa Señora do Pilar de Zaragoza.
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.