VILLA LOLA

Civil
479

Localización

Parroquia: Merille (Santa Eulalia)

Lugar: Vilares

27866  Ourol - Lugo

Coordenadas:
43º 35' 55.6" N - 7º 36' 29.2" W

Descrición

Villa Lola é un exemplo máis da arquitectura da emigración que pola súa composición e recursos ornamentais destaca sobre o resto de construcións que a rodean. Neste  caso trátase dunha construción promovida pola familia Quiza. 
Esta vivenda expón un esquema en forma de U, típico da arquitectura palaciega barroca francesa, con certo parecido ás ilustracións que na obra de Le-Duc identifican as casas holandesas, alemás ou danesas. A vivenda parte de dous niveis de construción de planta rectangular tradicional galega,  con cuberta de teitume.
Nesta casa tamén podemos atopar elementos como a escaleira de acceso que define e decora a fachada e que neste caso sitúase nos laterais. Sobresaliente resulta a preto que rodea a vivenda. 
Doutra banda, tamén merecen mención os repertorios de vexetais entrelazados  que se combinan con pezas xeométricas nas grandes portas de forxa que se integran no perímetro dos muros como podemos observar neste exemplo.
Arriba