IGREXA DE SAN MIGUEL DE BOULLÓN

Relixioso
214

Localización

Parroquia: Boullón (San Miguel)

Lugar: Cantelar

15865  Brión - A Coruña

Coordenadas:
42º 50' 55.0" N - 8º 42' 38.0" W

Descrición

O actual templo, de finais do S. XVII ou primeiros do XVIII, é de planta rectangular, coa sancristía situada na cabeceira,  con acceso dende o presbiterio a través de dúas portas laterais.
A fachada aparece coroada por unha espadana con dúas campás. No medio a porta con arco estriado, e sobre ela unha fornela coa imaxe da Virxe co Neno Xesús no colo e un pequeno óculo.
Na actualidade só se conservan os retablos laterais: un de Santo Antonio de Padua e outro de S. Roque. Ámbolos dous son semellantes, de mediados do S. XVIII, situados estilisticamente entre o Barroco e o Rococó. Destacan as imaxes da Virxe do Rosario, o arcanxo S. Miguel, S. Pedro e S. Xosé, todas  barrocas, talladas en 1725. De 1760 son as de Santo Antonio e S. Roque.

Estilos

Barroco

Orden Relixiosa

Hoxe sen orde relixiosa
Arriba