IGREXA DE SANTA MARÍA DE CORNANDA

Relixioso
197

Localización

Parroquia: Cornanda (Santa María)

Lugar: A Graña

15839  Brión - A Coruña

Coordenadas:
42º 51' 09.8" N - 8º 47' 30.2" W

Descrición

O templo, posiblemente do século XVII, ten planta rectangular co presbiterio algo máis estreito. O teito orixinal de madeira foi substituído por unha bóveda de cemento. Na fachada destaca a sinxela espadana onde descansan as campás.
O retablo da capela maior data de finais do S. XVII ou comezos do S. XVIII. Ten dous corpos: no primeiro, separadas por columnas salomónicas, áchanse as imaxes da Asunción da Virxe, S. Xosé e Santo Antonio de Padua. No segundo corpo só hai unha fornela, na que se atopaba unha preciosa figura gótica coa imaxe da Virxe sentada co Meniño Xesús que podería datar do S. XV. Foi roubada en 1974. Agora atópase no seu lugar a Inmaculada Concepción (segundo terzo do S. XVIII). Aos lados están Sta. Xertrude (finais do XVII) e Sta. Lucía. 

Estilos

Barroco

Orden Relixiosa

Hoxe sen orde relixiosa
Arriba