IGREXA DE SANTIAGO DE MOSTEIRO DE DEVESA

Relixioso
910
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Mosteiro de Devesa (Santiago)

Lugar: Mosteiro de Devesa

27217  Palas de Rei - Lugo

Coordenadas:
42º 54' 32.0" N - 7º 47' 13.9" W

Descrición

Igrexa de pequenas dimensións. A nave é rectangular, con dúas portas de acceso, e un presbiterio de tendencia cadrada. Os muros son de cachotaría e cadeirado de granito e a cuberta a dous e catro augas. No interior conserva un pavimento formado por laxes de lousa. A división entre o presbiterio e a nave vén dada por un arco triunfal de medio punto con aresta de baquetón e dous xuntillos laterais. O frontis, con portada alintelada, remata cunha espadaña dun só van.

Camiños de Santiago

Camiño Francés
Camiño Primitivo
Arriba