IGREXA DE FONTECARMOA

Relixioso
89
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Fontecarmoa (San Pedro)

Lugar: Fontecarmoa

Rúa Fontecarmoa 65

36600  Vilagarcía de Arousa - Pontevedra

Coordenadas:
42º 35' 06.7" N - 8º 46' 14.4" W

Descrición

A igrexa de Fontecarmoa sempre se considerou como a cincenta dos monumentos de Vilagarcía. E, con todo, é -polo menos en orixe- un dos máis antigos, pois a súa traza primitiva data do século XII, aínda que o seu aspecto actual procede do XVI. 
A súa orixe, por tanto, é románica e iso denótao especialmente a ábsida, á que se accede a través dun arco de medio punto decorado con dous sobresalientes capiteis. Tamén no exterior pódense admirar algúns canzorros igualmente medievais, que representan figuras en posturas ás veces inverosímiles. O que máis chama a atención nunha estrutura moi sinxela de nave única son os restos de pinturas murais que se achan no seu interior, datadas no século XVI, e que representan unha Anunciación, a Santa Face e as figuras dos apóstolos Pedro e Pablo. 
Do mesmo xeito, son relevantes varias tallas de madeira policromada, entre elas a de Cristo en Maxestade que se sitúa na seteira da ábsida, presidindo o templo, e unha representación de Santa Lucía que a dicir de moitos é, como a mesma igrexa, de orixe románica.

Camiños de Santiago

Ruta do Mar de Arousa e Ulla
Arriba