Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: PR-G 174 RUTA DE COTO DA CRUZ&body=Recoméndoche que leas a información PR-G 174 RUTA DE COTO DA CRUZ extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/170511000093/pr-g-174-ruta-de-coto-da-cruz?langId=gl_ES
No municipio de Crecente, nas montañas que forman o leito do río Miño, atópase a aldea do Freixo. Dende aquí parte un sendeiro circular que nos levará ata o alto de Coto da Cruz.
O sendeiro comeza sendo esixente, zigzagueando polos carreiros que se abren paso entre as casas e os viñedos. Regulando as forzas chegaremos ata o Lugar da Granxa, unha pequena aldea onde os veciños se enfrontaron heroicamente contra os franceses na Guerra da Independencia obrigando ao repregamento das tropas invasoras.
Continuamos a ascensión entre magníficos exemplares de sobreiras. Ao chegar á cima, o esforzo verase recompensado coa fabulosa panorámica que nos ofrece o miradoiro de Coto da Cruz, con Portugal á fronte e o río Miño mediando na fronteira.
Dende aquí o sendeiro descende pasando pola capela da Virxe do Camiño e, un pouco máis abaixo, pola do Cristo dos Aflixidos; a vía intérnase no bosque ata chegar de novo á praza de inicio.
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.
Configuración de cookies
Pode empregar estes botóns para personalizar os servizos que desexa utilizar neste portal.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.