IGREXA PARROQUIAL DE SAN MAMEDE DE CARNOTA

Relixioso
1822

Localización

Parroquia: San Mamede de Carnota (San Mamede)

Lugar: A Igrexa

15293  Carnota - A Coruña

Coordenadas:
42º 51' 11.0" N - 9º 04' 47.9" W

Descrición

É unha edificación do século XVIII que foi construída en torno a 1755. Posúe planta de cruz latina e está composta por unha única nave e unha esvelta torre dividida en catro corpos.
O cruceiro, enmarcado por catro arcos, cóbrese cunha bóveda de aresta produto da intersección das dúas naves, a lonxitudinal e a transversal. Destacan os púlpitos que se abren na zona do cruceiro. Aos pés hai un coro en altura, feito con estrutura de madeira, cunha entrada lateral. Nos muros laterais da nave hai dúas fornelas xemelgas con senllos altares que completan o treito principal da nave. Dende o presbiterio accédese á sancristía, que se engadiu no lateral esquerdo, e é de menor altura que o resto do templo.
Na fachada principal destaca unha fornela ricamente decorada que alberga a imaxe pétrea do patrón, San Mamede, e no lateral dereito consérvase un reloxo de sol.
No interior destaca o retablo maior, de estilo neoclásico, encargado en 1774 e realizado polos escultores José Ferreiro e José Gambino. Nel atópanse tallas de diferentes santos: presidindo o retablo está a Virxe do Rosario e sobre ela a imaxe do patrón, San Mamede; xunto a elas están S. Pablo, S. Pedro, S. Xosé e S. Xoán Bautista.
Arriba