IGREXA DE SAN SALVADOR DE PRADO

Relixioso
961

Localización

Parroquia: Prado de Limia (San Salvador)

Lugar: Prado

32898  Muíños - Ourense

Coordenadas:
41º 56' 00.0" N - 7º 59' 20.9" W

Descrición

A igrexa de Prado constrúese baixo a advocación do Salvador. Na fachada destaca a portada, con arco de medio punto, gornecida de casetóns sobre pilastras reafundidas. O frontispicio e ramplas curvas da cornixa son destacadas con molduras avolutadas nos extremos. A espadaña prolóngase con arcos laterais, rematada por un pequeno corpo moldurado e cruz. No retablo maior destaca: relevo de San Xerónimo, procesión Eucarística, Inmaculada, Virxe do Carmen e Padre Eterno.
Arriba
Axúdanos a mellorar!