EDIFICIO ESCOLA EN ESTEIRO

Civil
855

Localización

Parroquia: Esteiro (San Fiz)

Lugar: Saa

15350  Cedeira - A Coruña

Coordenadas:
43º 38' 31.0" N - 8º 02' 38.0" W

Descrición

Edificio de estilo indiano, levantado no século XX (1924), por iniciativa de emigrantes da bisbarra en Cuba. A construción é un bloque simétrico respecto a un eixe central e divídese nun corpo baixo e dúas alturas. Accédese ao edificio por unha escalinata de dobre rampla sustentada por dúas columnas clásicas unidas por arcos rebaixados. No primeiro piso ábrense catro vans, dous a cada lado da porta, e no segundo piso cinco ventás máis sinxelas. O edificio remata nunha cornixa que anteriormente posuía un pequeno frontón cunha inscrición conmemorativa. Como materiais de construcción utilízanse o formigón e a madeira.

Acceso

Dende Cedeira, tomar a estrada cara a Esteiro, e a pouca distancia áchase a escola.
Arriba
Axúdanos a mellorar!