EDIFICIO ESCOLA EN SISALDE

Civil
758

Localización

Parroquia: Esteiro (San Fiz)

Lugar: Sisalde Maior

15350  Cedeira - A Coruña

Coordenadas:
43º 38' 15.0" N - 8º 01' 18.9" W

Descrición

Edificio de estilo indiano, promovido por emigrantes a Cuba, realizado no século XX (1931). A construción presenta unha planta cuadrangular onde se desenvolven dúas alturas, cunha estrutura moi simétrica. O edificio elévase sobre un podium. Accédese a el por unha escalinata de dobre rampla, con dous vans a cada lado da porta. No primeiro piso ábrense tres vans, o central remarcado por un blacón pouco sobresaínte. O remate é unha cornixa que posúe un pequeno frontón curvo inscrito noutro triangular, no cal aparece unha inscrición conmemorativa.

Acceso

Dende Cedeira, tomar a estrada cara a Esteiro (AC-566) e, a uns 4 quilómetros, coller o desvío cara a San Román (CP-2201), continuar uns dous quilómetros nesta estrada.
Arriba
Axúdanos a mellorar!