IGREXA DE SAN FIZ DE ESTEIRO

Relixioso
1729

Localización

Parroquia: Esteiro (San Fiz)

Lugar: Vilela

15358  Cedeira - A Coruña

Coordenadas:
43º 38' 25.0" N - 8º 02' 31.9" W

Descrición

Igrexa de estilo neogótico, construída a finais do século XIX e principios do XX. Presenta unha planta rectangular onde se desenvolven tres tramos, que desembocan nun presbiterio rectangular e abovedado. Interiormente o espazo correspondente ao cruceiro cóbrese cunha bóveda estrelada, de cinco claves, que dan paso a pequenas capelas laterais. Destacan os retablos neogóticos que presiden tanto a capela maior como as laterais. Exteriormente a decoración concéntrase na fachada principal, que aparece dividida en tres lenzos, por medio de dúas molduras de resalte. No corpo principal inscríbese a porta de acceso, cun sinxelo xogo de de molduras e coroada por unha pequena cruz. Sobre ela un óculo dá paso á torre campanario, composta por catro machóns que configuran arcos apuntados sobre os que se sitúa unha cúpula piramidal. Os muros do edificio son de carga, están revestidos e pintados de branco, deixando pedra á vista para os esquinales e contorno dos ocos.

Acceso

Dende Cedeira, tomar a estrada AC-566 dirección Ferrol, pasar A Laboreña, Campo da Cruz, e a pouca distancia áchase un desvío á esquerda cara a San Román e a uns metros atópase dita igrexa.
Arriba