IGREXA DE SANTA RITA DE XUBIA

Relixioso
1729
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Xubia (Santa Rita)

Lugar: A Ponte de Xubia

Estrada de Castilla 954

15541  Narón - A Coruña

Coordenadas:
43º 30' 57.0" N - 8º 09' 15.9" W

Descrición

Igrexa de estilo ecléctico. Foi mandada construír no século XX por Don Francisco Barcón de Quevedo (importante industrial naronés), como agradecemento a Santa Rita pola súa intercesión na curación da súa filla. Planta rectangular. Interiormente, a nave está dividida en varios tramos por arcos faixóns, de carácter ornamental, que dan lugar a unha bóveda de canón. Ábsida poligonal, cuberta cunha estrutura abovedada en forma de ábano. Cruceiro de amplas dimensións, con arcos de medio punto que delimitan os espazos correspondentes ás capelas laterais e ao presbiterio. Vidreiras situadas nos muros laterais. Fachada principal dividida en tres panos, situándose aos lados as torres campanario. A porta de entrada é rectangular, enmarcada por un arco de medio punto, con decoración no tímpano. Muros pintados de dúas cores, para resaltar os diferentes elementos estruturais. Cuberta a dous e tres augas dependendo dos corpos.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Arriba
Axúdanos a mellorar!