IGREXA PARROQUIAL DE SAN MARTIÑO DE CERDIDO

Relixioso
1486

Localización

Parroquia: Cerdido (San Martiño)

Lugar: A Vila da Igrexa

15530  Cerdido - A Coruña

Coordenadas:
43º 37' 14.0" N - 7º 59' 56.9" W

Descrición

Pequena igrexa que, debido ás diferentes etapas construtivas, resulta dunha suma de estilos. Así, presenta unha planta de cruz latina. Conta con interesantes mostras do gótico isabelino do XVI, como as dúas portas con arcos de carpanel da fachada principal e a bóveda do presbiterio. Atesoura tres retablos barrocos. No seu exterior, ademais das portas mencionadas, destacan uns escudos, unha torre e unha pequena espadana.

Acceso

Dende Cerdido tomar a C-642, xirar á esquerda, pola AC-104 na desviación Cedeira, continuar ata Vila dá Igrexa, a pouca distancia áchase a igrexa.
Accesibilidade ás inmediacións: coche, autobús.
Accesibilidade ao recurso: peonil.
Arriba