CAPELA DA ASCENSIÓN

Relixioso
1179

Localización

Parroquia: O Val de Xestoso (San Pedro)

Lugar: O Reto

15315  Monfero - A Coruña

Coordenadas:
43º 17' 20.0" N - 7º 56' 53.9" W

Descrición

Pequena ermida sen estilo definido, de tipoloxía rural moi habitual na comarca. Planta rectangular de única nave. No interior, espazo decorado con formas lunares e raias de cores, a iniciativa de un dos veciños. No exterior, muros de cachotería menuda e reforzo de pezas graníticas á vista nos esquinais. Cuberta de pizarra a dúas augas. Volumetría sinxela. Sobria fachada principal, con inscripción no dintel (1763). Inmersa nunha preciosa paisaxe natural, con excelentes vistas do val de Xestoso.

Acceso

Dende a capital municipal, tomar a estrada AC-151 sinalizada Irixoa, a 4 km no núcleo de Xestal, tomar á esquerda onde indica Val Xestoso, Alto Xestoso e As Pontes. Esa estrada, a DP-3902, enlaza coa DP- 0905. Seguir a estrada ata atopar un desvio á dereita nunha curva que indica Restrebas. Seguir esa estrada ata atopar o desvío á esquerda que índica a Capela.
Arriba
Axúdanos a mellorar!